como sabedes esta ultima xornada frente o Athletic "b" sacamos o primeiro numero do noso fanzine, onde intentaremos mostaros as nosas inquietudes ademais de sacarnos unas peliñas,que falta fan
os deixo a Editorial do primeiro numero
editorial
¿ Por qué somos do Rácing ?
Esa é unha boa pregunta que teño escoitado moitas veces. A xente, en xeral, non o entende. ¿ Por qué ser seguidor dun equipo de Segunda B, que é probable que nunca vaia conseguir nada no futbol e que por cada cousa boa que nos da, recibimos catro malas ? Aínda lembro a frase dun compañeiro de grada e amigo meu, cando perdimos ante o Alavés por penaltis na Copa do Rei, xusto despois dun descenso… Dixo: “ No nos dan ni una alegría eh” .
Se nós mesmos pensamos así, non é de extrañar que a xente allea a todo isto se pregunte que nos leva a seguir resistindo, a cruzar España nunha ida e volta de 12+12 horas só para ver ó noso Rácing en Alicante, a ir cada quince días ó estadio a ver partidos de dubidosa calidade e escaso ambiente en vez de ir ós bares a ver partidazos de Primeira División, ben quentiños e cunha boa cervexa ó carón. Co sinxelo que sería escoller… Barcelona ou Madrid… ou máis preto, alomenos en Primeira, ó Deportivo.
Pois a resposta a esa pregunta non existe, porque os sentimentos non se poden razonar normalmente. Son cousas que sintes que tes que facer… e as fas. De tódolos xeitos, vouno tentar de explicar… O Rácing é o equipo da nosa terra, sentímolo como algo noso, propio, algo que hai que defender e apoiar, que non podemos abandonar á súa sorte, á deriva. E xa non necesitamos máis motivacións, nin máis alicientes. Iso é suficientemente poderoso, como unha droga. Moitas veces temos dito: “ no vuelvo” … Pero voltamos. Facémonos de rogar, pero voltamos; porque no fondo , e por moito que critiquemos e por moito que esteamos en desacordo coa xestión do clube, estamos desexando que nos den unha mínima cousa ben feita para agarrarnos a ela como a un cravo ardendo.
A palabra INCONDICIONAIS creo que nos describe bastante ben. Non imos deixar de ir ó estadio por perder, por descender, por quedar ata os mismísimos de ver cousas mal feitas por parte do clube… ou da propia afición, que tamén metemos a pata, como todo o mundo. Pero non é fácil, quizais por iso somos cada vez menos. Para min falla o relevo xeracional. Os rapaces de hoxe en día non son coma os de antes, está claro. Cando eu tiña 7 anos, déronme un bo día un pase gratuito para os partidos do Inferniño en Terceira, e fíxome tanta ilusión que comecei… e xa non parei, ata hoxe. Quizais houbera que comezar por aí.
O problema é que o clube vive bastante de costas á afición. Fai uns anos había unas vinte peñas… que foron caendo unha tras outra, sen que dende o clube ninguén se interesase en como, cando ou, máis importante, por que. Creo que o clube aférrase demasiado á comodidade diso de “os que son do Racing veñen sempre” . Pero as matemáticas din o contrario. A xente, ata os máis forofos, cánsase, a súa vida cambia, teñen novas obligacións… E se non se cuida á afición, esta vaise apagando pouco a pouco.
O divorcio social entre Ferrol e o Rácing é evidente. O club debe buscar medios para que o racinguismo non siga caendo nesta espiral negativa, mirar porque os incondicionais non deixemos de selo, e darlle facilidades ós rapaces e rapazas para que se acheguen á Malata… en vez de alonxarse cada vez máis. Sen eles, non haberá futuro para o Rácing. Para mostra, este dato: o 70% dos socios son maiores de 40 anos. Señores directivos, boten contas, deixen de vivir de rentas e, por favor, tomen medidas… POLO BEN DO RÁCING.
lunes, 7 de diciembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario